17 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 A miña escola é moi bonita. O Dereito á 10 educación. Obxectivo: cando un é neno ou rapaz, a escola é o segundo fogar. Imos darlle forma e ver como cada neno representa esa IINNF segunda casa. Ideas chave: expresión artística, imaxinario, intelixencias múltiplas, intelixencia abstracta, artística e reflexiva. Recursos: plastilina, pezas de Lego, folios, cartolinas, cores, acuarelas, pinceis, tesoiras, revistas, etcétera. Desenvolvemento: a escola é moito máis que un edifi cio. É un lugar no que se aprende a ler, onde se está en contacto coa historia, onde se descobren os misterios da natureza... cada alumno ten que representar como é a súa “escola”: debuxando, dándolle forma con plastilina, construíndoa con Lego... Cada alumno escolle o xeito de facelo segundo as súas habilidades. Na casa: pedir aos seus pais que describan a súa escola de pequenos e que lembranzas teñen dela. Se teñen posibilidade, tamén poden visitala. Máis: coas “representacións artísticas” realizadas, organíase unha exposición.