15 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Carreira en grupo e coa familia. 9 Obxectivo: xunto cunha dieta equilibrada e uns hábitos hixiénicos axeitados, facer exercicio é unha das accións máis importantes para previr as doenzas. SIN Ideas chave: facer exercicio físico de forma habitual;evitar o sedentarismo. Recursos: dorsais adhesivos, póster para anunciar a carreira, adhesivos para sinalizar o percorrido, etcétera. Desenvolvemento: na clase de Educación Física, organízase unha carreira/roteiro polo barrio ou pola vila.Primeiro, buscar un día, hora e percorrido axeitado para que poida participar o maior número de persoas. Logo, solicitar permiso ao Concello, ao distrito ou a quen corresponda para facela. Unha vez se teña o permiso, prepárase un póster para anunciala, organízanse os dorsais,facilítase algún xeito para inscribirse, etcétera. Convócase a participar a toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, persoal da limpeza e administrativo, familias, veciñanza do barrio.... Cantas máis persoas participen mellor. Na casa: organizar un día á semana para facer exercicio todos xuntos. Pode ser algo tan sinxelo como ir nadar, saír a pasear en bicicleta ou utilizar as máquinas dos parques para manternos en forma. Máis: ao dorsal pónselle un prezo simbólico e a recadación destínase a unha organización solidaria ou a algún dos seus proxectos. Encantaranos se vos comprometedes co traballo que facemos desde Aldeas Infantiles SOS.