10 PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES Un fogar para cada neno os teus valores INFANTIL E PRIMARIACURSO 2019-2020 Obxectivo 2. Que ninguén pase fame. Seguro que che parece estraño ler ou escoitar nas noticias que hai xente que pasa fame. De verdade non hai alimentos para todo o mundo se os mercados, os supermercados e as tendas de alimentación están cheos de comida? Parece incrible, pero así é. No noso país a maioría de familias dispoñen de diñeiro suficiente para comprar os alimentos necesarios para levar unha dieta equilibrada e saudable e realizar, polo menos, tres comidas diarias; e para aquelas familias que non dispoñen de diñeiro suficiente, dispoñemos de servizos sociais que achegan recursos para cubrir as necesidades, ademais doutras ONG e asociacións que colaboran para paliar os casos máis graves. Calcúlase que máis de 800 millóns de persoas no mundo pasan fame ou non comen abondo: máis dun 10% da poboación, a maioría en países do continente asiático e africano. Aínda que melloramos con respecto a hai 20 anos, cómpre colaborar de xeito urxente con axudas económicas e apoio na xestión para conseguir o obxectivo de “fame cero” para o 2030.